Vos convido a visitar, por se é do voso interese, as últimas informacións que veñen de activarse sobre o Proxecto e Informe Xerf@: Formación e Profesionalización da acción cultural pública en Galicia, que tiven a honra de dirixir no marco dun convenio subscrito pola USC e a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, cun equipo de investigadoras/investigadores das tres Universidades de Galicia:
a) Presentación do Informe, na Cidade da Cultura de Galicia, o pasado venres día 16 de marzo, ás 13:00 horas:
b) Informe completo, publicado virtualmente na páxina Web da Consellería:
c) Páxina Web do Proxecto:
Vos convido/convidamos a visitalos, polas moitas converxencias que presenta co noso labor.
Tamén, tanto como poidades e desexedes, agradecemos que lle poidades dar difusión no seo do Consello da Cultura Galega e noutros contextos académicos, científicos, institucionais, cívicos, etc. Tamén ao conxunto das persoas que integramos as Mesas do Foro Patrimonio e Sociedade.
Mais que pensando en quen tivemos a oportunidade de facer o estudo, por quen son os principais protagonistas do mesmo: xestores/xestoras culturais, técnicas/técnicos municipais de cultura, formadores e formadores en diferentes ámbitos do sistema educativo (Formación Profesional, Universidade, etc.) e, en xeral, polo quefacer común a prol da cultura do país, do seu recoñecemento e posta e valor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario