17 de octubre de 2016

Foro de reflexión e debate “Ler o mundo hoxe… no diálogo Universidade-Sociedade”


O Foro de reflexión e debate “ Ler o mundo hoxe... no diálogo Universidade–Sociedade” pretende fomentar as prácticas lectoras no seo da comunidade universitaria e na sociedade, en xeral. Unha lectura do mundo na que as persoas se sintan pedagóxica e socialmente convocadas a ser partícipes dunha nova mirada ás súas realidades, vinculando o coñecemento á reflexión e á acción educativa e cultural, cívica e científica... Un modo de alentar e agrandar as misións da Universidade nos seus diálogos coa sociedade, nas que tanto a escritura como a lectura constitúen un soporte principal na e para a creación, a transmisión, a difusión e/ou a transferencia do coñecemento.

Obxectivo do Foro de reflexión e debate
Promover e desenvolver unha proposta formativa que –tendo a lectura como eixo central– posibilite miradas e interpretacións plurais sobre as realidades socioambientais no local-global, que fortalezan o compromiso cívico e democrático da comunidade universitaria e dos seus vínculos coa sociedade que a contorna.

Programa
A iniciativa concrétase nun foro de reflexión e debate que, coa denominación xenérica de“Ler o mundo hoxe... no diálogo Universidade-Sociedade”, integra catro lecturas do mundo desde unha perspectiva multidisciplinar (coincidentes con  catro das liñas de investigación do grupo) e tres actividades transversais. As iniciativas desenvolveranse en Santiago de Compostela, Lugo e Rianxo. 
  •     Ler o mundo hoxe… en clave de tempos educativos e sociais: 21/09/2016; 28/09/2016 e 05/10/2016.
  •     Ler o mundo hoxe… en clave de equidade de xénero: 19/10/2016, 26/10/2016 e 27/10/2016.
  •     Ler o mundo hoxe… en clave de cidadanía e participación social: 03/11/2016; 09/11/2016 e 16/11/2016.
  •     Ler o mundo hoxe… en clave de sustentabilidade ambiental: 01/12/2016 e 14/12/2016.

Inscricións para as actividades do foro Ler o mundo hoxe... en clave de equidade de xénero en:  https://goo.gl/forms/qoJRvRoYOoplVTQL2

Todas as actividades son de balde, abertas e con dereito a certificación ao realizar a inscrición e asistir.
A "Visita guiada: lendo a cidade en clave de xénero" precisa inscrición previa.
No certificado de asistencia -que se expedirá ao finalizar a totalidade do foro- indicaranse as actividades ás que se asistiu, así como o número de horas. Unha vez finalizado o foro informarase nesta mesma páxina web e no facebook do grupo a forma de recollida do mesmo.

Para máis información, dúbidas ou aclaracións:
- Correo-e: foro.leromundohoxe@usc.es
- Tfno.: 881 813 753

Arquivos adxuntos: